Concello
Servizo de Atención Cidadá, Concello de Vigo
O Servizo de Atención Cidadá-010 do Concello de Vigo, ofrece á cidadanía a posibilidade de resolver as súas dúbidas, obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios ata as dependencias municipais, mediante a utilización do teléfono ou do correo electrónico.
Así mesmo, é función deste servizo a xestión de solicitudes, dúbidas e suxestións, dos cidadáns e cidadás aos distintos órganos e servizos municipais: Limpeza, Atención cidadá-010, Vías e Obras, Tráfico e Circulación, Parques e Xardíns.
Trámites creados para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Poden ser exercitados por persoas físicas ou xurídicas sen limitación algunha.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100