Servizos cidade
Servizo Enerxético
Este servizo municipal intégrase dentro da Area de Fomento e encárgase dos seguintes cometidos:
Iluminación Pública
É un dos cometidos fundamentais deste servizo e ten como finalidade, asegurar o funcionamento das instalacións de iluminación pública en todo o concello de Vigo. As principais funcións que realiza son:
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
No mantemento da rede lumínica da Cidade inspecciónanse diariamente, durante xornadas diurnas e nocturnas as instalacións, por si existise algún funcionamento anómalo. Coa información recolleita e os avisos dos cidadáns, policía, asociacións vecinales, etc., prográmanse e realizanse as reparacións e substitucións dos compoñentes defectuosos da rede.
O servizo máis directo que se presta ao cidadán é a recepción, tramitación e resolución dos avisos e solicitudes que se reciben a diario, xa que as instalacións de iluminación deben estar en continua evolución para adaptarse ao desenvolvemento urbanístico da cidade e require modificacións dos puntos existentes e instalación de novos puntos de luz, motivadas por novas construcións, reformas de viales, avances técnicos, queixas e suxestións.
Actualmente (decembro 2012) a rede de iluminación público de Vigo consta de 45.000 puntos de luz e 810 centros de mando. Esta rede se ramifica por todo o termo municipal cunha superficie de 109,06 km², entre casco urbano e parroquias.
Os Servizos Enerxéticos teñen como obxectivo reducir o consumo de enerxía eléctrica nas rede de iluminación pública mediante unha combinación de actuacións, tales como a adecuación das tarifas contratadas con respecto á potencia instalada, a instalación de lámpadas de maior rendemento lumínico e de menor consumo, instalación de fontes de luz con novas tecnoloxías (leds, inducción), ademas da instalación de cadros de mando con regulación en cabecera e telecontrolados para optimizar a xestión e control da rede, así como a corrección da enerxía reactiva.
Conscientes da posibilidade de redución do consumo e da necesidade dun aforro económico maior, realízase periodicamente unha posta a punto do aceso e apagado do alumeado público, adecuando este a as horas de sol (orto e ocaso), actuando na reprogramación e verificación dos reloxos solares astronómicos ou mecánicos.
A Ordenanza Municipal reguladora das instalacións de iluminación pública, ten por obxecto establecer as condicións mínimas que deberán cumprir as novas instalacións de iluminación pública tanto de promoción persoal como as executadas polo propio Concello.
Ordenanza municipal reguladora das instalacións de iluminación exterior aprobada polo Pleno o pasado 24 de setembro de 2012. Publicada no B.O.P o 12 de febreiro de 2013 e entrada en vigor o 13 de febreiro do mesmo ano.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100