Servizos cidade

Montes, parques e xardíns

Oficina do Servizo de Montes, Parques e Xardíns

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 2º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 306
  • Fax: 986 229 707
  • Email: ofi.xardins@vigo.org
  • Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

Son moitas as zonas verdes da cidade, unhas forman xardíns urbanos e outras conforman grandes parques que convidan ao paseo e contacto coa natureza no tempo de lecer.

Os xardíns máis significativos da cidade son os xardíns de Elduayen, nunha zona recentemente humanizada a carón das Avenidas, que serven como marco ás instalacións do porto deportivo; a alameda da praza da Compostela, situada nunha zona residencial e de servicios; o monte do Castro, con interesante e variada vexetación onde hai un miradoiro con vistas sobre a ría.

Tamén se localiza dentro do casco urbano o Parque Municipal "Quiñones de León", un fermoso bosque delimitado polo río Lagares, cunha lagoa e un teatro greco-romano, ademais de catro xardíns que pertencen ao pazo do mesmo nome.

O parque da Guía, o parque da Riouxa, o parque Camilo José Cela, A Bouza, Saborido e o recentemente acondicionado paseo do Lagares son outros exemplos de espacios para o paseo e o lecer situados no contorno urbano.

As actuacións municipais en materia de parques e xardíns nos últimos anos favorecen a humanización de diversas zonas da cidade e contribúen a crear un contorno máis amable mediante un modelo de xardinería sostible nun espacio urbano, que mellora a riqueza botánica e visual para os seus habitantes.

Preténdese, nalgúns casos concretos, diminuír o impacto que producen as estradas enclavadas en zonas urbanas cunha alta densidade de habitantes e edificacións, aumentando a ornamentalidade mediante o axardinamento de espacios públicos, tendo en conta as características tanto dimensionais como ambientais para conseguir áreas verdes compatibles co contorno.

O axardinamento de prazas, beirarrúas, medianas e redondas pretende dotar de volume e cromatismo o contorno de lugares que forman parte do espacio cotiá dos cidadáns.

Como mais recentes realizacións figura o Parque de Barreiro con 2,6 Has. E en execución o Parque de Navia con 8,9217 Has.

Os Parques Forestais distribuídos polas parroquias forman lugares de lecer no cinturón de montes periurbano da cidade. Ocupando unha superficie de 68 Has, dispoñen de caseta-bar, grellas, mesas, fontes e miradores a Ría e supoñen lugares de encontro coa natureza a escasos quilómetros do centro urbano.

Mención especial son os numerosos Parques Infantís distribuídos por todo o termo municipal, próximo ao centenar, con xogos modernos adaptados as normativas e que son a ledicia dos cativos.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100