Xerencia Municipal de Urbanismo
Área de Planeamento e Xestión
A Oficina de Planeamento e Xestión está encargada da tramitación e seguemento da avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, redacción e tramitación de todo tipo de plans urbanísticos, tanto de iniciativa pública como privada e do seguimento e execución do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).
Entre os servizos que se prestan, están os de información e asesoramento especializado sobre o desenvolvemento do PXOU, información urbanística, avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, expedición de informes, certificacións urbanísticas, e contestación a consultas urbanísticas especiais.
En relación coa execución do planeamento, nesta oficina lévase a cabo a redacción, información, seguemento e control dos instrumentos de equidistribución e proxectos de urbanización ata a súa recepción.
Planeamento de desenvolvemento en tramitación
A Sede Electrónica proporciónalle unha listaxe cos trámites relacionados con este servizo, ademais de toda a documentación necesaria, os formularios e impresos, taxas e demais cuestións relacionadas con cada un.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100