Servicio de Urbanización e Infraestruturas
- Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
- Teléfonos de información: 986 810 339
- Web: www.vigo/urbanizacion
A Oficina de Urbanización e Infraestruturas está encargada de tramitar e redactar proxectos de urbanización de iniciativa privada ou pública no desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).
Entre os servizos que se prestan, están os de emitir as Actas de Liña e Rasante para todo tipo de desenvolvementos edificatorios, asesoramento sobre a redacción de proxectos de Urbanización e o seguimento e recepción das obras derivadas de estes.
Servizos que se prestan
- Actas de Liña e Rasante.
- Informes sobre cumprimento do deber de cesión e urbanización.
- Redacción tramitación e recepción dos proxectos de urbanización.
- Asesoramento técnico sobre estes instrumentos.
Trámites de Urbanización e Infraestructuras
A Sede Electrónica proporciónalle unha listaxe cos trámites relacionados con este servizo, ademais de toda a documentación necesaria, os formularios e impresos, taxas e demais cuestións relacionadas con cada un.
Proxectos
- Proxecto de Urbanización MODIFICADO do polígono 3 PERI IV-01 San Roque A. Aprobación definitiva XGL 12/07/2024. Expediente 4719/401
- Acordo da Xunta de Goberno Local
- Documentación técnica aprobada definitivamente - arquivo .zip ( Se está a usar o navegador Chrome para descargar a documentación deberá seleccionar a opción "Guardar enlace como... " que aparecerá ao pulsar o botón dereito do rato sobre a ligazón )
- Recepción das obras de urbanización do Proxecto de Urbanización MODIFICADO do polígono 3 PERI IV-01 San Roque A", aprobada pola XGL 27/09/2024 (expte. 5334/401)
- Proxecto de execución de senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada de Moledo ata a conexión do carreiro existente no Polígono Miraflores.Aprobación definitiva XGL 21/06/2024. Expediente 669/403
- Proxecto de Obras de urbanización no PERI IV San Roque.
- Proxecto de Urbanización MODIFICADO da AOD A-3-10 "Esturans" Polígono II. Aprobación Definitiva XGL 01/12/2023 (expte. 5250/401)
- Acordo da Xunta de Goberno Local
- Documentación técnica aprobada definitivamente - arquivo .zip ( Se está a usar o navegador Chrome para descargar a documentación deberá seleccionar a opción "Guardar enlace como... " que aparecerá ao pulsar o botón dereito do rato sobre a ligazón )
- Recepción parcial da 1ª Fase do Proxecto de Urbanización da AOD A-3-10 Esturáns - Polígono II, aprobada pola XGL 26/01/2024 (expte. 5298/401)
- Recepción total e definitiva das obras de urbanización da AOD A-3-10 Esturáns - Polígono II, así com o do conevtor de conexión de pluviais, aprobada pola XGL 06/09/2024 (expte. 5327/401)
- Proxecto de Urbanización do Polígono 1 do Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Polígono Industrial "A Pasaxe". Aprobación definitiva XGL 09/03/2023 (5287/401). Esta aprobación definitiva considerase referida, exclusivamente, á parte da urbanización que se desenvolve sobre os terreos situados no Concello de Vigo.
- Proxecto de Urbanización do Polígono 2A do Plan Parcial de Navia. Aprobación definitiva XGL 28/07/2023 (5275/401)
- Proxecto de Urbanización do Polígono 2B do Plan Parcial de Navia. Aprobación definitiva XGL 28/07/2023 (5276/401)
- Proxecto de Urbanización do Polígono 1 do Plan Parcial de Navia. Aprobación definitiva XGL 31/03/2023 (5274/401)
- Proxecto de Urbanización do Polígono VI do PEPRI de Bouzas. Aprobación definitiva XGL 13/01/2022 (5269/401)
- Proxecto de Urbanización do Polígono único da área de reparto en SUNC AR-I-01 Barrio do Cura. Aprobación definitiva XGL 03/11/2022 (5282/401)
- Proxecto de Urbanización da U.A. 14 Pedreira. Aprobación definitiva XGL 09/07/2007 (expte. 4510/401)
Convenios
Aprobación do texto inicial do convenio urbanístico de execución do planeamento a subscribir entre o Concello de Vigo e a mercantil Alvariño Inversiones S.L. para a realización de obra de urbanización (prolongación da rúa) na rúa Barxa de Covelo (conexión da rúa Barxa do Covelo coa rúa Gandarón) expediente 325/403
Aprobación do texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento no Ámbito da AOP-21 do Instrumento de Ordenación Provisional de Vigo, expediente 99650/421.