Voluntariado (OMV)

Voluntariado Covid-19

Actuacións de axuda á poboación máis vulnerable desenvolvidas pola Oficina Municipal de Voluntariado

Nestes momentos contamos con mais de 1240 persoas inscritas no rexistro web para persoas voluntarias posto en marcha o pasado 17 de marzo para canalizar as ofertas de persoas voluntarias dispostas a prestar axuda e dar resposta ás necesidades da poboación máis vulnerable ante o avance do coronavirus COVID-19.

Todas as persoas inscritas recibiron formación básica en materia de voluntariado de xeito on-line.

Todas as persoas inscritas recibiron información sobre o COVID-19 por medio dunha píldora formativa deseñada por Cruz Vermella Española.

A Oficina Municipal de Voluntariado, mediante o emprego dunha ferramenta web baseada en Google Maps, sitúa a todas estas persoas voluntarias sobre o mapa de Vigo e permite realizar filtros para identificar as persoas voluntarias máis próximas a cada unha das demandas.

As persoas voluntarias que participan en cada actividade reciben luvas, máscaras e bote de xel, ademais de indicacións para o seu uso.

Actuacións de voluntariado desenvolvidas desde o inicio da crise sanitaria xerada pola Covid-19:

Colaboración con outras entidades:

Peticións derivadas do servizo de Traballo Social do SERGAS: Atendendo á concreta necesidade da petición, localízase ao/s voluntario/s máis próximo/s e co perfil máis axustado á demanda concreta, para realizar varias visitas semanais e axudar na realización de compra de alimentos/medicamentos, supervisión da toma de medicamentos/alimentos, axuda para baixar o lixo...

  • Nº de peticións: 19 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 220 ata a data.

Colaboración coa asociación Grandes Amigos: os voluntarios asignados realizan varias visitas semanais para compra, farmacia, lixo e acompañamento telefónico.

  • Nº de peticións: 6 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 48 ata a data.

Colaboración coa Fundación Aldaba: os voluntarios asignados realizan fundamentalmente acompañamento telefónico e apoio en tarefas puntuais.

  • Nº de peticións: 5 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 61 ata a data.

Colaboración con Médicos do Mundo: Cada mércores 2-3 voluntarios axudan na elaboración de bolsas de alimentos.

  • Nº de peticións: 1 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 6 ata a data.

Colaboración con ASDEGAL: asignación de voluntarios para recollida de equipos informáticos e entrega en centro escolar.

  • Nº de peticións: 1 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 1 ata a data.

Colaboración con HOY POR TI: recollida e entrega de equipos informáticos para o seu programa de apoio escolar.

  • Nº de peticións: 3 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 3 ata a data.

Colaboración con centro hospitalario VITHAS-FÁTIMA: asignación de voluntario/s para recollida e entrega de medicación a paciente en situación de risco.

  • Nº de peticións: 1 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 1 ata a data.

Colaboración na entrega de máscaras de protección doadas a entidades sociais da cidade:

  • Casa Caridad Comedor de la Esperanza - Hogar San José
  • Fundación Meniños
  • Asoc. Familiares enfermos Alzheimer AFAGA
  • Fundación Secretariado Xitano
  • Fundación Aldaba
  • Rede de Mulleres contra os malos tratos
  • APAMP

Solicitudes individuais efectuadas directamente á OMV:

Os voluntarios asignados realizan varias xestións, puntuais ou semanais, para acompañamento telefónico e retirada de lixo.

  • Nº de peticións: 9 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 25 ata a data.

Colaboración con outros servizos municipais:

Peticións derivadas do servizo municipal de Benestar Social: Asignación de voluntarios para realizar varias xestións puntuais ou semanais e axudar na realización de compra de alimentos/medicamentos, axuda para baixar o lixo...

  • Nº de peticións: 6 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 53 ata a data.

Colaboración co servizo municipal de Protección CIVIL:

  • Reparto de Mascarillas:
    • Días 24, 25 e 27 de abril: reparto de 10.000 unidades nos mercados municipais (Calvario, Teis, Progreso, Bouzas, Berbés, Traviesas, Cabral) e entorno dos Centros comerciais Gran Vía e Plaza E)  
    • Día 9 de maio: reparto de 5.000 unidades nos mercados municipais (Calvario, Teis, Progreso)     

Colaboración co servizo municipal de Educación:

  • Reparto de material escolar:
    • Nº de peticións: 34 ata a data.
    • Actuacións realizadas polos voluntarios: sDende o 20 de abril ao 22 de maio repartíronse 1393 paquetes con libros, equipos informáticos e material escolar a outras tantas familias (uns 1800 nenos) dos seguintes colexios:
      • EEI Plurilingüe Monte da Guía 25
      • CEP Celso Emilio Ferreiro 50
      • CEIP Coutada-Beade 120- reparto realizado desinteresadamente pola empresa KEBEL Logistics SL
      • CEP Doutor Fleming 8
      • CEIP Igrexa-Valadares 60
      • CEIP A PAZ – Tintureira 4
      • MESTRES GOLDAR 41
      • CEIP VIRXE DO ROCIO 70
      • COLEXIO CARBALLAL-CABRAL 69
      • CEIP VALLE INCLAN 6
      • CEIP VICENTE RISCO 15
      • CEIP O SELLO 18
      • CEIP BALAIDOS 8
      • CEIP EMILIA PARDO BAZAN 174
      • GLS-Vía Galicia-CEIP DA CARRASQUEIRA 2
      • CPR MERCANTIL 8
      • AS ACACIAS 26
      • COMPAÑIA DE MARIA 161 - reparto realizado desinteresadamente pola empresa Halcurier
      • CEIP O POMBAL 65
      • CEIP OTERO PEDRAYO 96
      • CEIP RIA DE VIGO 45
      • CEIP A CANICOUVA 25
      • MONTECASTELO 19
      • IES OS ROSAIS 21
      • CEIP SAN SALVADOR DE TEIS 36
      • CEIP ILLAS CIES 18
      • CEIP RODRIGUEZ CASTELAO 2
      • CEIP ESCULTOR ACUÑA 20
      • CALASANCIAS 1
      • O ROCÍO 8
      • MESTRES GOLDAR 31
      • EPA BERBES 3
      • CEIP VALLE INCLAN 6
      • CEIP BALAIDOS 3
      • CEIP CANICOUVA 24
      • CEIP SAN SALVADOR DE TEIS 6
      • CPR DON BOSCO 18
      • CEIP FONTE ESCURA 1
      • CEIP ESCULTOR ACUÑA 5
      • CEIP ALTAMAR 21

Colaboración conxunta das concellerías de Xestión Municipal, Benestar Social, Educación e Participación Cidadá para desenvolvemento do PROGRAMA "Vigo a favor da igualdade social e dixital":

  • Nº de peticións: 181 ata a data.
  • Actuacións realizadas polos voluntarios: 174 doazóns (máis de 200 equipos informáticos)
    • Semana do 4 ao 8 de Maio: 37 doazóns de equipos informáticos
    • Semana do 11 ao 15 de Maio: 91 doazóns de equipos informáticos
    • Semana do 18 ao 22 de Maio: 37 doazóns de equipos informáticos
    • Semana do 25 ao 29 de Maio: 4 doazóns de equipos informáticos
    • Semana do 1 ao 7 de Xuño: 5 doazóns de equipos informáticos
Entregáronse nos centros 33 equipos informáticos e 31 modems de conexións:
  • O día 11 de maio: 25 equipos novos a 7 centros:
    • SAN XOSÉ DA GUÍA 2
    • ESCUELAS NIETO3
    • Padre Míguez, CALASANCIAS 4
    • CEIP O Sello 3
    • CEIP O Pombal 4
    • CEIP Emilia Pardo Bazán 5
    • CEIP Ría de Vigo 4
  • O día 27 de maio entregáronse 8 equipos reciclados en 4 centros:
    • CEIP Pintor Laxeiro 2
    • Hijas De Mª Inmaculada 2
    • CEIP Coutada Beade 2
    • CEIP Párroco D. Camilo 2
  • O día 2 de xuño entregáronse 31 módems de conexións a internet:
    • SAN XOSÉ DA GUÍA 2
    • ESCUELAS NIETO 3
    • Padre Míguez, CALASANCIAS 4
    • CEIP O Sello 3
    • CEIP O Pombal 4
    • CEIP Valle Inclán 2
    • CEIP Emilia Pardo Bazán 5
    • CEIP Ría de Vigo 4
    • CEIP Pintor Laxeiro 2
    • Hijas De Mª Inmaculada 2_ Rexeitounos pola data
    • CEIP Coutada Beade 2
    • CEIP Párroco D. Camilo2_ Rexeitounos pola data
  • O día 10 de xuño entregáronse 11 módems e 11 ordenadores novos:
    • CEIP MESTRES GOLDAR
    • CEIP SARDOMA MOLEDO
    • CEIP OTERO PEDRAYO Rexeitounos pola data
    • CEIP IGREXA-VALLADARES
    • CEIP CARBALLAL-CABRAL
  • O día 11 de xuño entregáronse 73 módems e 69 ordenadores novos:
    • CEIP RAMON Y CAJAL
    • CARMELITAS, FILLAS DE MARIA INMACULADA
    • COLEXIO LABOR
    • CEIP DOUTOR FLEMING
    • COLEXIO SAN MIGUEL
    • COLEXIO MERCANTIL
    • CEIP ALTAMAR
    • CEIP PINTOR LAXEIRO
    • CEIP SEIS DO NADA
    • CEIP ESCULTOR ACUÑA
    • COLEXIO DIVINO SALVADOR- CORUXO
    • COLEXIO MARISTAS
    • COLEXIO COMPAÑÍA DE MARIA
    • COLEXIO NIÑO JESUS DE PRAGA
    • CEIP GARCIA BARBON
    • CPR ALBA
    • COLEXIO MARIANO
    • COLEXIO ATALAYA-CANTABRIA
    • CEIP FONTE ESCURA
    • CEIP SANTA CRISTINA
    • CEIP VICENTE RISCO
    • CEIP SAN JOSE DE LA GUIA
    • IES A GUIA
    • CEIP SANTA TEGRA
    • COLEXIO LOSADA Rexeitounos porque non o solicitou
    • CEIP MOSTEIRO- BEMBRIVE

Moitas grazas pola vosa colaboración

Toda esta axuda non sería posible sen a solidariedade dos voluntarios de Vigo!!

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100