Servizo de Patrimonio Histórico
- Enderezo: Praza do Rei, 1. 3º andar.
- Teléfono: 986 810 282.
- Fax: 986 810 294.
- Email: ofi.pathis@vigo.org
- Horario de atención ao público: Luns a venres 9 a 13:30 horas.
Servizos
Segundo a Resolución de Alcaldía de 5 de xullo de 2007, correspóndenlle as seguintes atribucións:
- A protección, conservación, adecentamento, difusión e fomento do Patrimonio Cultural de Vigo.
- Adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagardar os bens do patrimonio Cultural que viren o seu interese ameazado.
- Fomentar, en coordinación coa Administración Autonómica, a difusión exterior do Patrimonio Cultural impulsando os intercambios culturais que se estimen oportunos e promovendo a realización de convenios ou acordos dirixidos a este fin.
- Instar á Administración Autonómica a iniciación de expedientes que teñan por obxecto a declaración dun ben de interese cultural, a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia ou non Inventario Xeral do devandito Patrimonio.
- Velar porque tódolos bens que integran o Patrimonio Cultural de Vigo gocen das medidas de protección e conservación axeitadas.
- O mantemento e conservación do Museo Municipal de Castrelos, especialmente no que se refire á colección arqueolóxica.
- Instar doutras Administracións Públicas as axudas necesarias para a investigación, documentación, conservación, recuperación, restauración e difusión dos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Vigo.
- Denunciar ante a Administración Autonómica calquera acción ou omisión que constitúa incumprimento das obrigas establecidas na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
- Representar ó Concello de Vigo nos seguintes órganos, entidades ou institucións: Padroado da Fundación Liste - Museo Atnográfico de Vigo (Vicepresidencia) e Padroado do Museo Municipal de Castrelos (Presidencia).
- Desenvolver en tódolos trámites que sexan necesarios o Convenio coa Universidade de Vigo para a investigación e musealización da villa romana de Toralla, así como tódalas autorizacións, concesións, obras e actuacións relacionadas con ese proxecto.
- En virtude da súa riqueza patrimonial xestionar e coordinar os traballos que se realicen no monte de O Castro que teñan relación coa preservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico municipal.
Lexislación relacionada