2023-09-15. A programación do Centro de Documentación Feminista incluirá faladoiros, obradoiros e cursos formativos
O alcalde deu conta esta mañá do inicio da programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo para os próximos catro meses. Así a partir do martes 19 de setembro arrancarán, entre outras actividades, clubs de lectura, faladoiros, obradoiros ou cursos formativos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-07-13. O Concello dispón un "Punto lila" contra a violencia de xénero en Castrelos
O parque contará novamente este verán cun espazo para a prevención das violencias machistas durante a celebración dos concertos do programa "Vigo en festas 2023". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-03-01. O Consello Municipal da Muller celebra o 8M cunha programación para tódalas idades
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou este mércores en rolda de prensa os actos cos que a cidade conmemora o Día Internacional da Muller, entre os que se inclúe unha visita guiada, un recital de poesía, o Pleno específico da Muller, cine, teatro, música e a entrega do Premio Ernestina Otero a Paz Filgueira. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-12-20. O goberno municipal instala na Alameda un "punto lila" contra as violencias machistas
O alcalde informou do establecemento este martes na Praza de Compostela dunha caseta para a información, sensibilización e concienciación sobre as diferentes forma de violencia machista. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-11-21. O alcalde avoga pola "valentía de defender a igualdade" ante a mocidade
O alcalde asistiu este luns, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, ao acto de peche do programa Gegame, que emprega o videoxogo como ferramenta para promover a igualdade de xénero nos centros educativos. Desenvolveuse durante dous anos entre España, Irlanda, Hungría, Turquía, Romanía e Portugal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-04-18. O Concello destina 91.000 euros para programas de promoción da muller
A Xunta de Goberno Local deu luz verde na última reunión ás bases reguladoras da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres durante o exercicio 2022. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-03-01. África González, premio de Igualdade Ernestina Otero 2022
alcalde deu a coñecer este martes a concesión do galardón, que celebra a súa décima edición, á directora do Centro de Investigacións Biomédicas e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-02-23. A unanimidade do Pleno declara o 23 de febreiro "Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo"
A moción do concelleiro non adscrito recibiu o voto favorable de tódolos grupos municipais, de xeito que esta xornada servirá como homenaxe á autora e á súa obra e conformarase tamén como un día de impulso ás actividades de promoción da obra da escritora na cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-11-15. Vigo celebra o 25N baixo o lema "Contra a violencia machista, pacto feminista"
O alcalde participou este luns na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. O programa comeza mañá este martes 16 de novembro e remata o vindeiro 3 de decembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-07-13. O Concello homenaxea a cinco mulleres deportistas viguesas na medianeira de Expostas
O alcalde e Carmela Silva visitan este martes o mural situado en Mestre Chané número 9, unha obra que forma parte do VII Programa municipal de arte na rúa, que suma xa preto de 150 creacións en toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)