Boletíns coeducativos
Mediante a elaboración e difusión destes boletíns coeducativos, desde a Concellería de Igualdade pretendemos transmitir á comunidade educativa os nosos obxectivos e fins.
- Boletín nº 1: xuño 2017 Pretende dar a coñecer os programas implementados polo noso departamento e que diriximos ao alumnado, nas súas diferentes etapas educativas, coa finalidade de fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
- Boletín nº2: setembro 2018 Ofrece unha proposta diversa de selección de libros e películas infantís e xuvenís con perspectiva de xénero.
Enlaza Vigo contra a violencia de xénero
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.
Buscando a implicación da comunidade educativa dos centros de ensino secundario da cidade, desde o ano 2011, organizamos a iniciativa ENLAZA-VIGO-reacción cidadá contra a violencia de xénero.
Memoria Enlaza Vigo 2011-2019 - PDF (11,6 mb) 73 páxinas
Información das distintas edicións: Enlaza Vigo
Exposición itinerante: A violencia sexual na xuventude: Infórmate!
A Concellería de Igualdade ofrece a exposición “A Violencia Sexual na Xuventude. Infórmate!” dirixida a mozos e mozas, para compartir con escolas, asociacións e centros interesados.
Co obxecto de ofrecer contido e información a un tema tan actual como é a Violencia Sexual na Xuventude, a Concellería de Igualdade ofrece aos centros a posibilidade de solicitar, durante un tempo, dita exposición no seu centro. No caso de ter interese terán que enviar o formulario debidamente cuberto á nosa oficina como figura ao pé do mesmo.
Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano
Esta publicación recolle as doce datas conmemorativas que teñen que abordar os centros de ensino durante o curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Consumo responsable, Día Mundial da Saúde, Día do Libro, Día da Liberdade de Prensa, Día de Europa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente, Día contra a violencia de xénero, Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e Día dos Dereitos Humanos. O manual contén deste xeito 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria.
Enlace á publicación: www.igualdadevigo.org/datasedatos
Guía de corresponsabilidade: ¡Rebélate estás na idade!
Un total de 12.000 exemplares da Guía de corresponsabilidade:
¡Rebélate estás na idade! estanse distribuíndo entre o alumnado de educación secundaria da cidade.
Os seus contidos mostran aos mozos e as mozas, as desigualdades existentes entre homes e mulleres á hora de repartir as tarefas do fogar, animándolles a implicarse na súa resolución e a asumir responsabilidades nas súas propias casas
Descarga a Guía (PDF)