Igualdade

Actividades

Programa de actividades na Casa das Mulleres (R/ Romil nº 20):

A Concellería de Igualdade desenvolve periódicamente un programa de actividades gratuítas dirixidas a mulleres na Casa das Mulleres (Romil n/20):

  • Actividades de ocio e tempo libre: teatro, escritura creativa, pintura e arte, etc.
  • Cursos de formación en novas tecnoloxías e alfabetización dixital.
  • Escola de empoderamento.
  • Cursos de autoprotección.
  • Cursos de formación en materia de igualdade entre mulleres e homes (mixtos): cursos introdutorios dirixidos á poboación xeral, cursos dirixidos a profesionais do ámbito educativo, cursos dirixidos a monitorado de ocio e tempo libre.

Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel", rúa Joaquin Yáñez, 6-2º):

A Concellería de Igualdade desenvolve no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo un programa de actividades de extensión cultural, que se ofrece de forma periódica e gratuíta: club de lectura, faladoiros, espazo wikimulleres, laboratorio de lectura e escritura, presentación de libros, etc.

Máis información sobre as actividades en www.igualdadevigo.org, na sección NOVAS.

Ademais, o Concello de Vigo subvenciona actividades de promoción das mulleres e de fomento da igualdade organizadas polas entidades sen ánimo de lucro da cidade.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100