- Enderezo: rúa Romil, 20. 36202 Vigo.
- Telefóno: 986 293 963.
- Fax: 986 201 153.
- Horario de Oficina: de luns a venres de 9 a 13:30 horas e xoves de 15 a 18 horas.
- Horario da Atención Domiciliaria: máximo de 4 horas, de luns a venres entre as 7 e as 23 horas.
Servizo dependente da Concellaría de Igualdade, consistente no coidado persoal das fillas e fillos menores de dez anos, desde a hora solicitada ata o seu regreso.
A solicitude do servizo de atención ou acompañamento farase cunha antelación mínima de 24 horas, podendo realizarse de xeito individual ou para colectivos.
O acceso será a través da traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
Obxectivos do Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia
- O obxectivo principal é contribuír á armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.
- Favorecer a incorporación da muller ao traballo.
- Fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres.
- Potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movementos veciñais, asociacións veciñais, etc.
- Acadar tempo propio e persoal, específico para cada muller.
Volver ao Inicio
Documentación necesaria
- DNI.
- Libro de Familia.
- Volante de empadroamento.
- Xustificante de ingresos da unidade familiar.
- Comprobante do motivo polo que se solicita o servizo.
- Outros que poderá solicitar a traballadora social.
Volver ao Inicio
Casos e situacións nos que se pode solicitar o Acompañamento
- Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar…).
- Entrevistas para probas de trabajo.
- Comparecencia ante calquera administración.
- Urxencias: ingresos hospitalarios, accidentes, atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
- Participación nas asociacións de mulleres ou socio-culturais: ampas, sindicatos, asociacións veciñais. Neste caso o servizo será colectivo e o acompañamento realizarase no centro onde as nais realicen a actividade.
- Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar...).
Volver ao Inicio
Servizo Individual de Atención Domiciliaria
- A duración máxima da atención é de 4 horas, de luns a venres entre as 7 e as 23 horas.
- En ningún caso deixarase ás e aos menores sós.
- O acompañamento realizarase na casa da beneficiaria.
- O acceso será a través da traballadora social do Centro de Información dos Dereitos da Muller.
- Realízase previamente unha valoración económica da unidade familiar, con referencia ao IPREM, xa que logo varía en función deste.
Volver ao Inicio
Servizo Colectivo de Acompañamento
- O servizo prestarase no centro onde as nais realicen a actividade.
- Deberá dispor dun espazo habilitado e material para o entretemento que pode solicitarse ás ludotecas municipais.
- Deberá reunir a condicións de hixiene e seguridade necesarias para atender aos menores.
Volver ao Inicio