Maiores
A teleasistencia domiciliaria é, segundo o disposto no Art. 20 da L.13/2008, un servizo social de natureza tecnolóxica de carácter normalizador, nun casos, e esencial noutros (persoas con déficit de autonomía persoal incluídas no sistema de atención á dependencia) co que se procura a permanencia das persoas usuarias no seu medio habitual.
En efecto, a súa existencia xustifícase na necesidade de facilitar unha atención domiciliaria a determinados colectivos especialmente vulnerables como o das persoas maiores, con minusvalías, dificultades de autonomía persoal, carencia de relacións persoais e familiares ou afectados por enfermidades crónicas e outras patoloxías asociadas; situacións que a miúdo veñen acompañadas de sentimentos de soidade, angustia, inseguridade, aillamento, depresión, etc.
Trátase en xeral de mellorar a súa calidade de vida e de permitirlles, ás que non necesitan coidados permanentes, continuar no seu domicilio habitual e no ámbito no que desenvolveron a súa vida, evitando internamentos innecesarios en centros e coa tranquilidade de que en calquera situación de risco ou emerxencia serán atendidas con dilixencia.
Anexo IV. Autorización de datos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100