Maiores

Saúde e Sanidade

O envellecemento saudable e activo é unha forma de vida pola que se opta. Alcanzar a vellez non é cuestión só de xenes, é tamén unha elección persoal.

Desde este apartado pretendemos darlle información relacionada coa saúde: desde consellos para unha vida saudable ata solicitar cita médica, entre outros.

Saúde

Ás veces mellorar a nosa saúde é cuestión de cambio de hábitos.

  • O Servicio Galego de Saúde (SERGAS) ten unha sección dirixida a maiores, na cal poderá informarse sobre:
    • Como levar unha vida saudable, consellos e alimentación.
    • Información sobre o insomnio e consellos para durmir mellor.
    • Consellos para previr caídas, fortalecer as costas,...
    • Vacinas.
    • Publicacións recomendadas sobre enfermidades e coidados para maiores
  • O Ministerio de Sanidade e Consumo no seu interese pola protección da saúde editou unha guía de "Recomendacións sobre nutrición". Ver o contido.

Sanidade


O Servizo Galego de Saúde facilitou aos seus usuarios realizar algúns trámites desde o seu domicilio, a través de internet, aos cales pode acceder desde aquí:

  • Guía de comunicación, ofrécelle un completo directorio de direccións, teléfonos, correos electrónicos e páxinas web, a través dos cales pode localizar e contactar de forma directa coas distintas institucións, centros, hospitais e dispositivos que interveñen na xestión dos servizos sanitarios.
  • Solicitar cita de Atención Primaria, vostede poderá solicitar cita nun Centro de Saúde de Atención Primaria, así como consultar e cancelar as súas próximas citas.
  • Tarxeta sanitaria, información sobre a tarxeta, solicitala por primeira vez ou por perda, modificar datos,..
  • Cambio de médico, pode cambiar o seu médico ou centro de Atención Primaria.

Trámites relacionados con Saúde e Sanidade

Desde a Oficina Virtual do Concello obterá información sobre os seguintes trámites:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100