Mayores

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-03-11. O Concello atendeu en marzo as necesidades de 137 persoas sen teito

Foto noticia
O dispositivo de frío do Concello de Vigo atendeu a 340 personas desde xaneiro, segundo avanzou hoxe Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-04. O Concello incorpora un curso de primeiros auxilios ao programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Foto noticia
O programa municipal "Vigo, cidade amiga dos maiores" amplía a súa oferta coa incorporación dun novo curso sobre primeiros auxilios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-02. O Concello prorroga o contrato das actividades do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Foto noticia
"Sempre á beira das persoas maiores", afirmou hoxe Abel Caballero ao destacar o extenso programa de actividades activadas para o lecer e o aprendizaxe da población de idade de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-26. O Concello amplía con novas rutas o programa para persoas maiores Coñece Vigo

Foto noticia
O alcalde deu conta esta mañá dunha nova edición da iniciativa municipal Coñece Vigo que organiza rutas saudables pola cidade para persoas maiores. As actividades comezarán en abril e a inscrición -gratuíta ? estará dispoñible a partir do luns 2 de marzo a través do 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-18. O Goberno local facilitou 1.128 pernoctas en xaneiro no albergue municipal

Foto noticia
O albergue municipal de Vigo atendeu en xaneiro a 115 persoas facilitando 1.128 pernoctas e rexistrou unha ocupación do 97 por cento, segundo detallou este mércores Abel Caballero, ao avanzar que na reunión desta semana a comisión de axudas de emerxencia aprobou 105 apoios por valor de 33.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-17. O servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 911 persoas no mes de xaneiro

Foto noticia
O alcalde que cualifica a prestación do servizo de "excepcional" fixo balance do mes de xaneiro no que se realizaron 5.483 chamadas e se rexistraron 4.194 alarmas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-04. O alcalde reitera o apoio do Concello á Asociación Española contra o Cancro

Foto noticia
Abel Caballero reiterou este mércores aos directivos de Vigo e de Pontevedra da "Asociación Española contra o Cancro" o apoio municipal. "Contade con nós no que necesitedes", afirmou durante a súa visita ás instalacións da rúa Venezuela con motivo da celebración do "Día Mundial contra o Cancro". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-03. O Concello atendeu en 2025 a 404 persoas con máis de 15.800 servizos dos Coidadores de Barrio

Foto noticia
Son 38 usuarios máis que no ano 2024. Segundo explicou o rexedor, o 80% das persoas usuarias son mulleres e o 56 % teñen idades comprendidas entre os 76 e os 90 anos. O Concello inviste 610.000 euros ao ano neste programa de atención municipal. Abel Caballero tamén deu conta do dispositivo do frío que atendeu desde o 26 de xaneiro ao 1 de febreiro a 98 persoas sen teito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-27. O Goberno local adxudicou 111 axudas de emerxencia no mes de xaneiro

Foto noticia
O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación de 111 achegas de emerxencia por importe de máis 25.000 euros. Sobre as críticas á política social do Concello de Vigo, Caballero retou ao resto de forzas políticas a que "digan un só sitio de Galicia con mellor política social que Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-26. O Pleno demanda á Xunta un estudo das patoloxías das cubertas de todos os centros educativos

Foto noticia
A maioría da Corporación solicitou unha auditoría das patoloxías das cubertas dos centros educativos da cidade, tendo en conta que a maioría deles foron construídos hai máis de 50 anos. O Pleno tamén solicitou un plan de choque para rebaixar a lista de agarda da Teleasistencia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100