Ordenanza Municipal para a protección e tenencia de animais.A presente ordenza ten por obxecto regulalas condicións de tenencia responsable de animais domésticos ou salvaxes en cautividade, incluso os cualificados como potencialmente perigosos, de xeito que a súa utilización proveitosa polas persoas sexa compatible coa protección dos propios animais e a eliminación dos riscos que poidan derivarse para a vida, saúde e integridade física das persoas e demais animais e a seguridade dos bens, dentro do termo municipal.
Plan sanitario de esterilización felina: Solución recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a University Federation Animal Welfare (UFAW) sobre o estado sanitario e o control demográfico nas colonias de gatos libres que viven na cidade.
Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC): É un rexistro informatizado onde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.
Animais potencialmente perigosos: As persoas propietarias, criadoras ou tenedoras de cans considerados como de raza perigosa teñen que tramitar a correspondente licenza municipal no Concello onde resida a/o propietaria/o do can (onde estea empadroado), ademáis de proceder á inscrición do can onde este resida.
Control de poboación das gaivotas: Solucionar as molestias ocasionadas á veciñanza e acadar o equilibrio entre a colonia urbana de gaivotas e benestar urbano, son os obxectivos das accións postas en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo, contando coa colaboración cidadá.