Servizos cidadanía
Oficina do Servizo de Normalización Lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo, é unha ferramenta a disposición de toda a cidadanía e constitúe un instrumento indispensable nos procesos de recuperación e dinamización da lingua.
Os seus obxectivos prioritarios son incrementar o coñecemento e o uso do galego, así como recobrar o prestixio da propia lingua, garantindo a súa presenza en todos os ámbitos.
O labor do SNL desenvólvese en dúas vertentes: lingüística e dinamizadora, e en dous campos de actuación: a administración e o termo municipal.
As súas accións céntranse fundamentalmente en:
A Comisión Cidadá de Normalización Lingüística e o Consello Social da Lingua xorden coa intención de obter a participación dos cidadáns e cidadás.
Ordenanza de Normalización Lingüística: ordenanza de normalización lingüística que regula a relación administrativa entre a cidadanía e a administración local.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100