- Teléfono de Recollida de Mobles e Aveños (obxectos): 900 859 660
- Horario de información: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Horario de depósito: de luns a venres de 22:00 a 23:00 horas, previa solicitude.
Onde depositalos
- No teléfono de recollida de aveños, obxectos, indicaranlle o punto máis próximo ao seu domicilio para a súa posterior recollida.
- Os aveños deixaranse cerca do colector de lixo de 10 a 11 da noite.
Que podo depositar
É moi fácil desfacerse dun moble ou dun traste que non queira. Mediante este servizo de recollida domiciliaria, pomos todas as facilidades para evitar o seu abandono na rúa.
- SI: utensilios, mobles, trastes, obxectos que queira refugar, instrumentos de medio ou gran volume domésticos, sofás, portas, mobles, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas ou xoguetes rotos, ...
- NON: cascallos, sanitarios ou obxectos similares, se se efectuaron obras na vivenda.
- NIN: vidro nin cristal, o usuario deberá desmontalos da madeira, e polos seus propios medios trasladalos aos diferentes puntos fixos e móviles do Concello de Vigo.
Como colaborar coa recollida
- Chame ao teléfono de recollida de aveños, onde lle indicarán a forma de deixar os aveños para a súa posterior recollida.
- Evite depositar os obxectos onde poidan molestar ao tráfico ou aos peóns.
- Evite depositar os obxectos fose do horario establecido, pois poderían quedar sen retirar.
- Evite o abandono de mobles e trastes na rúa.
- Non deposite mobles nin outros utensilios domésticos sen avisar previamente ao servizo de recollida: molestan e poden producir accidentes.
- Colaborando, se todos participamos, e non deixamos os mobles abandonados, melloraremos a calidade das nosas rúas.