Laboratorio Municipal

Control medioambiental

Autorización/Renovación de Vertidos de Augas Residuais Non Domésticas (Dirixido as Empresas)

Todas as augas residuais non domésticas, entendidas éstas como as vertidas dende establecementos nos que se efectúe calquera actividade industrial (producción, transformación, manipulación, reparación e almacenaxe de materias primas e productos manufacturados) e que non sexan domésticas ou de escorrentía pluvial, deberán aplicar o establecido no RD141/2012 de 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia.

Para garantir que os vertidos das instalacións non teñan efectos nocivos sobre o medioambiente, e non impidan que as augas receptoras cumplan os obxectivos de calidade da normativa vixente, é necesario un control por parte da Administración a través da Autorización de Vertido.

 

Trámites

Solicitude Autorización de verquidos de augas residuais non domésticas.

  • Cumprimentar o Cuestionario da Declaración Xeral de Verquidos de Augas Residuais non Domésticas que se achega.
  • Presentar a seguinte documentación:
    • Copia da última análise de verquido na que se farán constar, como mínimo, os seguintes parámetros: pH, conductividade, DBO5, DQO, sólidos en suspensión e aceites e graxas, así como aqueles outros que considere axeitados en función do proceso productivo que desenrole.
    • Plano da planta con diagrama de fluxo das augas diferenciando as de entrada de as de saída. Indicar tamén a localización da arqueta de tomas de mostras.
    • Fotocopia de Alta ou solicitude de Alta como Productor/Pequeno Productor de Residuos Tóxicos e Perigosos.
    • Fotocopia do contrato con Xestor Autorizado para a recollida dos mesmos.
    • Plano do Sistema de Depuración do Verquido.
    • Fotocopia da Licenza de Actividade, no caso de dispoñer dela.

Solicitude Renovación da autorización de verquido de augas residuais non domésticas.

A Autorización de Verquido otorgaráse por un máximo de oito anos, renovables por idénticos períodos. Pasado este tempo, deberán renovala.
Para isto teñen que presentar a seguinte documentación:

  • Escrito solicitando a Renovación.
  • Fotocopia xustificativa da última recollida de residuos por empresa autorizada.
  • Copia da última análise das augas residuais xeneradas.

Solicitude/Autoliquidación da autorización/renovación.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100