Laboratorio Municipal
O Laboratorio Municipal, dependente da Concellaría de Medio Ambiente, e Vida Saudable realiza anualmente tres ou catro controis analíticos da auga dos manaciais das aproximadamente 350 fontes públicas catalogadas no Municipio.
Segundo a lexislación vixente, R.D. 3/2023, considérase que un auga é "Non apta para consumo humano" cando algún dos parametros analizados supera ou incumple os valores lexislados.
Análise de fontes
Mapa do último análise de fontes
Auga sen Garantía Sanitaria (SG)
Os resultados obtidos para os parámetros analizados Cumplen coa lexislación vixente.
Trátase de fontes naturais sen tratamento de potabilización nas que o seu control esporádico indica que non presenta contaminación; non obstante ao non estar desinfectada o concello non pode garantir a súa calidade.
Auga Non apta para o consumo humano (NA)
Os resultados obtidos para algúns dos parámetros analizados Non Cumplen coa lexislación vixente. Este auga non se pode consumir
Sen calificar (SC)
Non se teñen resultados analíticos ou son insuficientes, (fontes secas, deterioradas, con mal acceso, etc).
Auga Apta para o consumo
Os resultados obtidos para os parámetros analizados Cumplen coa lexislación vixente. Esta auga pódese consumir.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100