Persoas con discapacidade
Coa finalidade de traballar para a eliminación de barreiras urbanísticas, arquitectónicas e de comunicación creouse o Consello de accesibilidade o 6 de xuño de 2003.
Este proxecto contempla o adaptar os pasos de peóns á Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras; para o que se realizará unha rampla salvando o desnivel entre a beirarrúa e a zona de circulación dos vehículos, quedando ao mesmo nivel o bordo das beirarrúas co pavimento da rúa, facilitando así o paso de persoas con discapacidades físicas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100