Persoas con discapacidade

Centros de Asistencia

En canto aos centros de asistencia, o centro público máis próximo atópase en Redondela, é un centro público da Xunta de Galicia xestionado por Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar.

Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD)
Enderezo: Barrio Parada, 87. 36320 Chapela - Redondela.
Teléfono: 986 451 255
Fax: 986 451 441

Condicións de admisión

  • Ter unha discapacidade psíquica profunda ou severa, ou media con deficiencias físicas o sensoriais asociadas de carácter grave.
  • Ter recoñecido no certificado de discapacidade máis dun 75%.
  • Ser maior de 16 anos e menor de 60 anos.
  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Non precisar atención continuada de institucións sanitarias.
  • Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia do centro.

Documentación esixida: calificación legal da discapacidade, xustificantes de ingresos, documentos identificativos, etc.

Servizos: médico, psicolóxico, departamento social, terapia ocupacional, fisioterapia, aloxamento, comedor, lavandería, perruquería, biblioteca.

Actividades

  • Consta de sete aulas, nas cales se realizan as seguintes actividades:
    • de elaboración (plástica)
    • Pre-deporte
    • Música
    • Linguaxe
    • Pre-interpretación
    • Expresión corporal
    • Xogos de mesa
  • Ten dous Pre-talleres: un de barro e outro de madeira.
  • Programación anual de ocio, tanto no interior coma no exterior do centro.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100