Servizos Sociais

Fomento da Solidariedade e a Participación

Dentro das competencias das corporacións locais inclúense o fomento da cooperación e a solidariedade social que facilite a participa­ción comunitaria en tarefas colectivas e impulse o asociacionismo solidario, así como a colaboración no fomento dos servizos sociais prestados por entidades de iniciativa social e a promoción de mecanismos de coordinación das súas actuacións.

Neste sentido, o Concello de Vigo entende a cooperación como un método e unha estratexia para vertebrar a solidariedade cos pobos e sociedades máis desfavorecidas, comprometendo e impulsando a xeración dun tecido solidario que abra camiño a unha situación máis xusta que elimine as condicións de pobreza e desigualdade existentes.

Conta para elo cun Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos.

Ademais, coa finalidade de fomentar a actividade das asociacións e entidades no ámbito dos servizos sociais municipais e coadxuvar subsidiariamente ó seu financiamento, leva a cabo unha convocatoria anual de subvencións a entidades sociais que actúen no ámbito dos servizos sociais e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100