Servizos Sociais
Oficina municipal de información a inmigrantes e emigrantes retornados
A presenza de persoas de orixe estranxeira e de emigrantes retornados na nosa cidade pon de manifesto que o fenómeno da inmigración é unha realidade próxima, crecente e complexa, convertendo esa diversidade e multiculturalidade nun reto e nunha oportunidade.
En concreto, en Vigo, nos últimos anos fóronse producindo paulatinos cambios na composición sociodemográfica da poboación inmigrante, tanto nos aspectos cuantitativos, derivados do incremento de novos/as veciños/as na cidade, como en aspectos cualitativos, debido á variedade de países de orixe dos/as inmigrantes, a súa distribución na contorna urbana, ou das súas necesidades en materia de emprego ou de vivenda, por citar só algunhas das características máis importantes.
A oficina de información a persoas migrantes configúrase como o servizo comunitario específico que da resposta a eses retos, a través de dous programas:
Todo elo sen que, dende a área de Servizos Sociais, e dende a perspectiva da atención normalizada, se deixe de prestar especial atención ás necesidades específicas do colectivo inmigrante, na medida en que se trata dun colectivo cun nivel de vulnerabilidade social e dificultades que requiren de intervencións puntuais e específicas.
Persoas destinatarias
Poboación estranxeira, comunitaria e extracomunitaria, empadroada na cidade de Vigo e persoas emigrantes retornadas.
Acceso ao servizo
Mediante a cita previa, agás situacións consideradas de urxencia. As citas poden ser solicitadas polas persoas interesadas directamente ou ben por derivación dos servizos sociais municipais.
Folletos informativos
O día 4 de setembro de 2008 o Pleno do Concello aprobou:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100