Servizos Sociais

Persoas con discapacidade

O Concello, desde o departamento de Servizos Sociais, desenvolve os seguintes programas dirixidos a persoas con discapacidade, ben de forma autónoma, ben en colaboración con outras administracións e entidades:

  • Programa de coidadores de barrio: É un servizo que, con carácter voluntario, presta o Concello de Vigo coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade por distintas razóns (enfermidade, mobilidade, saúde mental, etc.); en especial das persoas maiores con dificultades para realizar de forma autónoma as súas actividades na rúa, facilitándolles a integración no seu contorno, evitando o risco de exclusión social e as indesexadas situacións de reclusión na propia vivenda.
  • Servizo de axuda no fogar:Prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios que presta un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
  • Programa xantar na casa:Servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
  • Servizo de teleasistencia:Prestación social de natureza tecnolóxica que, a través dunha liña telefónica e cun equipo de comunicacións e informático específico, permite ás persoas usuarias poñerse en contacto cun centro de atención de chamadas que conta con persoal especializado para dar resposta ás súas necesidades de forma ininterrompida as 24 horas do día e os 365 días do ano.
  • Programa lecer no verán: Proxecto que se realiza durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido a persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de down, etc). Durante o período en que esté activa a convocatoria, no apartado convocatorias e subvencións,poderá consultar a información respectiva e, no seu caso, facer a solicitude dentro do prazo establecido.
  • Programa bonotaxi: Subvencións destinadas a proporcionar, mediante a utilización de bono-taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade.
  • Outros programas e servizos para persoas con discapacidade (en colaboración con outras entidades)

Ademais, o Concello conta cun Consello de accesibilidade, órgano colexiado de carácter consultivo e de participación no ámbito dos servicios sociais, en tódalas cuestións referentes á problemática das persoas con discapacidade.

Máis información

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100