Servizos cidadanía
Benestar Social
Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación da cidade, previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás, favorecer a participación e o libre desenvolvemento das persoas e dos grupos da sociedade e fomentar do desenvolvemento comunitario.
O Departamento de Política Social do Concello de Vigo conta con diferentes servizos e programas destinados a atender as demandas e necesidades das persoas e dos colectivos:
Para a prestación dos servizos sociais comunitarios, de competencia municipal, creáronse as Unidades de Traballo Social (UTS) por zonas, que garanten o dereito de acceso universal para todas as persoas ou grupos diversos, e o carácter integrador e coordinado de toda a intervención social a través de puntos de acceso normalizados.
Onde acudir
Para solicitar cita previa na UTS, as persoas deben dirixirse á que lle corresponda segundo o seu enderezo, utilizando o buscador ou consultando as Unidades de Traballo Social no Rueiro.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100