Participación cidadá
O Concello de Vigo conta cun servizo de videointerpretación para que todas as persoas xordas, independentemente do grao e tipo de discapacidade, poidan facer consultas ao servizo de información 010.
Para contactar co 010 as persoas usuarias farán unha chamada utilizando a plataforma SVIsual que atenderá unha videointérprete. A videointérprete facilitará a comunicación entre persoas xordas e operadoras do 010 do Concello, deste xeito conseguimos que o 010 sexa máis accesible.
As persoas usuarias que necesiten utilizar o servizo de videointerpretación SVIsual que ofrece o Concello de Vigo poderán facelo de dúas formas:
O horario de atención deste servizo é de luns a venres (non festivos) de 10 a 14 horas.
Puntos presenciais:
O servizo de videointerpretación do Concello de Vigo, SVIsual, garante a confidencialidade das chamadas e a privacidade dos usuarios. Os videointérpretes só comunicarán verbalmente datos necesarios e non reterán información. SVIsual promove a independencia e a inmediatez para as persoas xordas nas súas xestións municipais, cunha interface accesible e fácil de usar. Ademais, beneficia a administración municipal ao eliminar barreiras de comunicación e optimizar recursos.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100