Participación cidadá

Teléfono 010

Teléfonos:

  • 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.
  • 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do concello de Vigo.

Horario:

  • de luns a venres de 8 a 20 horas.
  • sábados de 10 a 14 horas.

 

SERVIZO GRATUITO

Atención Telefónica: 010.

O Teléfono 010 é a canle telefónica de Atención á Cidadanía.  A través do mesmo pódese obter información sobre o Concello e a cidade de Vigo, así como realizar numerosas xestións sen necesidade de desprazamentos ás oficinas municipais.


O obxectivo primordial do servizo de atención telefónica é proporcionar información de maneira rápida, fiable e integral, sempre ao alcance de todos.


A chamada ao Teléfono 010 é gratuíta e o custo da chamada é aboado polo Concello de Vigo. Cunha chamada, a un sinxelo número,  tanto os cidadáns e cidadás como calquera turista ou visitante, dispoñen, ao instante, de información fiable e actualizada, de carácter xeral e tamén administrativa.
É unha referencia para a cidadanía viguesa, e para todas as persoas que nos visitan.

Información da cidade

  • Enderezos de interese:
    • Tráfico e Urxencias.
    • Festas e eventos.
    • Servizos Municipais.
    • Información e posta ao día de actividades de lecer e turismo, realizadas por entidades privadas e/ou persoais:
      • Actividades culturais.
      • Congresos, feiras de exposicións.
      • Actividades deportivas.

Información de interese xeral

  • Sanitarias (hospitais, farmacias, urxencias)
  • Seguridade cidadá (Policía, Extinción de incendios, Protección Civil, etc).
  • Organismos e Asociacións (consulados, asociacións deportivas, culturais, ONG, etc).
  • Convocatorias de todo tipo, concursos, ofertas de emprego local e licitacións administrativas convocadas polo Concello.
  • Ordenanzas municipais.
  • Resolucións de carácter público dos órganos municipais.
  • Convocatorias de carácter social (bolsas de comedor, vacacións para a terceira idade, etc).
  • Axudas e subvencións.

Información Administrativa

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100