Logos

Plan de sustentabilidade turística de Vigo

Convocatoria extraordinaria 2022: Plans de Sustentabilidade turística en destinos para entidades locais, "Plan de Sustentabilidade Turística de Vigo"

Descrición do proxecto: 

As entidades locais son as unidades básicas que constitúen os destinos e as responsables da maioría dos parámetros que inflúen na elección dos turistas, así como dos determinantes da competitividade e sustentabilidade do modelo.

O Concello de Vigo concorreu á convocatoria extraordinaria dos Plans Territoriais de Sustentabilidade Turística en Destino, presentando un proxecto baixo o título de “Plan de Sustentabilidade Turística de Vigo”, sendo unha das categorías de destino recollidas na convocatoria e establecendo o investimento mínimo por eixos que recolle a convocatoria. Inclúe as seguintes actuacións: Incremento da superficie arboredo para a mitigación do efecto illa de calor na humanización do Paseo de Granada; Renovación de beirarrúas e espazos peonís na humanización do Paseo de Granada; Creación de illas de reciclaxe para a mellora da separación de residuos e o seu posterior reciclado e valorización fomentando a economía circular; Mellora da iluminación pública do eie turístico comercial; Outras asistencias técnicas de execución das obras; Instalación de elementos mecánicos para a mellora da accesibilidade e transitabilidad peonil do eie turístico Estación Marítima/Monte do Castro; Rede de sensores para a avaliación da mobilidade e o comportamento social do eixo turístico Estación Marítima/Monte do Castro; Actividades de formación para o impulso da dixitalización dos establecementos gastronómicos do eixo turístico Estación Marítima/Monte do Castro; Subministración, instalación e configuración dunha rede de marquesiñas dixitais interactivas e accesibles; Instalación de cartelaría específica para a sinalización do eixo turístico comercial e mellora do mobiliario urbano: asentos, papeleiras, etc, do eixo turístico comercial.

Publicación licitación:

Estado de execución: 

  • Importe total adxudicado da actuación: 2.000.000,00 €
    • Eixo 1: Transición verde e sostible: 785.000,00 €
    • Eixo 2: Mellora da eficiencia enerxética: 1.059.000,00 €
    • Eixo 3: Transición dixital: 121.000,00 €
    • Eixo 4: Competitividade: 35.000,00 €
  • Subvención outorgada: 2.000.000,00 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: En desenvolvemento
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto: 

foto 1 foto 2 foto 3 foto 4 foto 5

Link actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100