N.º Expediente convocatoria: 2023-98. "Humanización Rúa Romil. Fase I".
Descrición do proxecto:
O proxecto consta de 4 contratos: un proxecto de obra (976-441) máis os dous contratos menores de servizos asociados á mesma para a asistencia técnica á dirección de obra municipal (1328-441) e para a coordinación de seguridade e saúde (1324-441), e, por último, un contrato menor destinado a accións de comunicación e publicidade (1773-441).
A Humanización da Rúa Romil (proxecto integrado na vixente actualización do PMUS vén fundamentar un novo espazo peonil-escolar, dentro das itinerario Camelias-Romil do Proxecto de Vigo Vertical. Complementando así a conectividade social e territorial da contorna mediante a implantación de modos de mobilidade urbana cun carácter peonil, a eliminación de obstáculos dos itinerarios peonís actuais e a creación de zonas estanciales máis amables que impulsarán un modelo urbano máis saudable.
Ademais, ao desenvolverse a actuación nos arredores dun colexio de educación primaria e dunha instalación deportiva (R/Ourense e R/Feliciano Rolán), o acondicionamento deste espazo urbano favorecerá significativamente ao 43% da poboación que reside na área de intervención formado por nenos e persoas maiores de 65 anos.
Esta actuación supuxo un incremento dun 90% da superficie de beirarrúas, a instalación de 42 luminarias LED de alta eficiencia, a ampliación das zonas verdes con 10 xardineiras máis a plantación de 40 árbores e a dotación de novo mobiliario urbano, en particular, 7 bancos e 8 papeleiras.
Pola súa banda, o contrato menor de accións de comunicación e publicidade consistiu na creación dun total de 1.000 unidades de dípticos de 21x21 cm e de 250 unidades de folletos tamaño A4.
Publicación licitación:
Estado de execución:
Galería de imaxes do proxecto:
Folleto informativo: Folleto informativo
Díptico: Díptico
Actuacións comunicación:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100