Logos

Centro de capacitación dixital de Vigo

Centro de Capacitación Dixital de Vigo. (Expediente: RECD/00164)

Descrición do proxecto: 

Recentemente a Concellaría de Emprego acometeu obras de reforma nos seus locais sitos na Rúa Arquitecto Pérez Bellas (Centro de Iniciativas de Emprego, CIE) para habilitar unha aula TIC. A día de hoxe, xa conta coas conexións necesarias,  mesas e cadeiras, pero aínda sen o equipamento específico (equipos informáticos) para impartir formación Tics.

A subvención que se menciona, permitiría equipala para impartir formación Tics (conexión a Internet, computadores portátiles, proxector, etc).

Doutra banda, desde o servizo de orientación detectouse que moitos usuarios non teñen as competencias e/ou as ferramentas necesarias para unha procura de emprego aproveitando os Tics. A subvención permitiría formar ao longo dos próximos 12 meses a un mínimo de 100 persoas en competencias trasversales TIC.

Así mesmo, o propio persoal permanente da Concellaría de Emprego xa destinado nos  locais de Arquitecto Pérez Bellas, podería aproveitar a aula xa equipada para impartir formación e asesoramento sobre o uso dos Tics na procura de emprego, de forma paralela e máis aló da duración do proxecto.

Por último, a aula xa equipada permitirá que aquelas persoas usuarias da oficina de orientación sen equipamento informático e/ou sen acceso a Internet nos seus propios fogares, puidese acceder individualmente, cando non houbese formación, nas instalacións para poder aproveitar as ferramentas informáticas de acceso ao emprego (cada día máis necesarias, case imprescindibles).

Estado de execución:

  • Subvención outorgada: 24.500,00 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. En desenvolvemento
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2 foto 3 foto 4 foto 5 foto 6 foto 7

 

Díptico Curso Capacitación Dixital

Actuacións de comunicación:
    • Aberto o prazo para a inscrición nos cursos de capacitación dixital
    • O Concello de Vigo abre o prazo para os cursos de capacitación dixital
      
      
      
      

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100