Implantación do proceso de recollida separada de Biorresiduos de competencia municipal. Expediente BIOR-082-2022-RES pertencente á liña 1 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Código do procedemento MT975K.
Descrición do proxecto: Previo á implantación do proxecto, o Concello de Vigo contaba con un sistema de recollida separada de residuos no centro urbano en catro fracciones: envases lixeiros, papel e cartón, vidro e resto. Ademáis xa estaba en marcha un proxecto piloto de recollida separada da materia orgánica mediante 65 contedores de tipo carga lateral de 2000 litros de capacidade e dotados de peche electrónico de apertura con tarxeta, idénticos aos implantados no proxecto.
A actuación prevista no proxecto aprobado nesta liña, foi implementada no ámbito máis urbano da cidade de Vigo, no que predominan os edificios en verticalidade. No centro urbano hai aproximadamente 17.000 viviendas que se poden tratar como viviendas en verticalidade e o resto de viviendas, viviendas ruráis, con outras características que permiten a implantación doutro modelo de xestión da materia orgánica diferente.
Coa concesión da axuda executouse o proxecto de implantación de recollida separada da materia orgánica mediante o quinto contedor (contedor marrón) a todo o ámbito urbano da cidade. A materia orgánica así recollida reduce a cantidade de residuo mesturado na fracción “resto”. O destino final do residuo da fracción "resto" en Vigo é a planta de transferencia de Guixar, para darlle finalmente o tratamiento de valorización enerxética no “Complejo Medioambiental de Sogama” en Cerceda, ata onde se transporta en ferrocarril.
O sistema de recollida implantado no proxecto é de aportación mediante contedor comunitario pechado na vía pública. A apertura do contedor realízase mediante tarxeta dixital de proximidade (PassVigo).
Cos 800 contedores implantados no proxecto, a cantidade esperada de biorresiduo recollido para o 2024 é de 1.680 toneladas, estimando, por tanto, un aforro de emisións á atmosfera de 31 toneladas de gases de efecto invernadoiro.
Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 7645-252
Estado de execución:
Galería de imaxes do proxecto:
Actuacións comunicación:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100