|
GA
Escudo Concello de Vigo

Plan de recuperación, transformación y resiliencia

Comunicación

Logos

Lista de noticias

Noticias

2022-10-28. O goberno local aproba a achega de 240.000 euros de fondos europeos para os parques do Berbés e Camilo José Cela

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou recibir a achega outorgada por ambos os dous proxectos presentados á convocatoria do Ministerio de Sanidade para infraestruturas de vida saudable. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-10-27. Vigo continúa a obra da Porta do Sol en Carral coa protección da muralla

Foto noticia
O alcalde informou na rolda de prensa deste xoves dos pasos que dará o Concello para avanzar nas obras de humanización da Porta do Sol, paralizadas por cuestións arqueolóxicas por Patrimonio da Xunta de Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-10-26. O Concello rehabilitará o Pazo da Raposeira con fondos europeos

Foto noticia
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolveu favorablemente ao proxecto presentado polo goberno local e adxudica a Vigo 1,5 millóns para a rehabilitación do pazo situado en Sárdoma. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-10-06. A Xunta de Goberno aproba novas zonas de rehabilitación de vivendas

Foto noticia
O alcalde anunciou que serán 10.812 vivendas en 1.197 edificios as que poderán beneficiarse do Real Decreto que regular os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España financiado cos fondos Next Generation EU. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-29. O goberno municipal adxudica a humanización dun tramo da Avenida de Castelao por máis dun millón de euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das obras entre Martín Echegaray e Darío Durán que renovará a rúa no "estándar de calidade das humanizacións da cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-27. O rexedor salienta a posición de Vigo "á cabeza da tecnoloxía de microchips de Europa"

Foto noticia
Durante a visita ao edificio que albergará as futuras instalacións de SPARC, a planta de semiconductores fotónicos, Abel Caballero puxo en valor a posta en marcha da factoría na cidade, coa previsión de que inicie a súa actividade en 2025. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-16. Vigo, premiado na Semana Española da Mobilidade Sostible polo ascensor Halo

Foto noticia
O alcalde agradece o recoñecemento dos Ministerios de Transición Ecolóxica e de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao traballo da cidade a prol da mobilidade sostible. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-14. Vigo lidera a implantación da Axenda 2030 con máis de 600 accións en marcha

Foto noticia
Abel Caballero detallou esta mañá o Plan de Acción da Axenda Urbana, unha folla de ruta que xa está en marcha, convertida nunha "gran palanca de mobililzación e captación de recursos europeos". Con máis de 600 medidas en marcha, Vigo xa é líder na implantación dos obxectivos previstos ata 2030. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-14. Caballero esixe á Xunta que contribúa con 27 céntimos por billete para rebaixar autobús urbano

Foto noticia
Abel Caballero solicitou por carta ao presidente da Xunta que achegue fondos para rebaixar aínda máis o prezo do transporte urbano. En concreto, esíxelle unha achega de 27 céntimos de euro por billete, a mesma cantidade que aporta o Goberno Central. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-05. Concello e Universidade de Vigo asinan o convenio para o estudo do Plan de Axenda Urbana da cidade

Foto noticia
Abel Caballero e Manuel Reigosa rubricaron o acordo entre ámbalas institucións que permitirá estudar os modelos de gobernanza multinivel e que culminará na creación dunha cátedra na Uvigo para transferir o coñecemento do proxecto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)