Vigo
A cidade de Vigo está en pleno contacto coa natureza. Coroada polo monte do Castro, o monte da Guía e bañada pola Ría, a cidade ofrécelle ao viaxeiro a posibilidade de estar en síntese co medio natural.
Os seus múltiples parques e xardíns urbanos e a gran variedade de parques forestais, nos que realizar rutas de sendeirismo, converten a cidade de Vigo nun paraíso verde. Destaca tamén a presenza de Vigozoo, único zoo da comunidade galega, o cal conta con multitude de especies de cada continente, así como dun exotarium, planetario e exposición de astronomía.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100