Información

Época romana

En Vigo, denominada ”Vicus Spacorum”, o proceso de romanización produciuse de forma temperá. Os vestixios arqueolóxicos mostran a existencia dunha intensa actividade portuaria e comercial no litoral vigués dende o século II a.C. até o século I d.C. no que se establece a “pax romana”.

Do proceso de romanización quedan relevantes vestixios: vilas esparexidas por todo o litoral (Alcabre ou Toralla), restos de instalacións portuarias, rúas, instalacións (salinas e fábricas de salgado), necrópoles, restos subacuáticos… así como a intensa romanización dos poboados castrexos do municipio.

As últimas escavacións realizadas no Areal e na Zona Vella revelan a posíbel existencia, entre os séculos III e VI d.C, dun importante asentamento humano como o “vicus romano”.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100