Vigo

Negocios

O turismo de congresos, feiras e convencións converteuse nun dos principais focos de negocio da cidade.

A cidade de Vigo conta cunha variada oferta de instalacións que permiten satisfacer as necesidades que formula a organización de congresos, xornadas profesionais, feiras, presentacións de produto, reunións profesionais e actividades similares que, polas súas especiais características, precisan de espazos e aforos propios.

O Instituto Feiral de Vigo é un obrigado punto de encontro para os profesionais do noroeste peninsular e internacional. Cunha afluencia de público que xa supera o millón de visitantes, o seu carácter dinámico e innovador o converten na mellor garantía de éxito para o profesional disposto a crecer e a asumir novos retos.

O Auditorio Palacio de Congresos supón para Vigo o seguir desenvolvendo unha intensa actividade cultural  e converteuse no simbolo do Vigo Contemporáneo.

Os auditorios que se atopan repartidos pola cidade ofertan todas as facilidades para celebrar congresos, presentacións, reunións, conferencias, etc. Así mesmo, Vigo conta cun auditorio ao aire libre de inspiración greco-romana que merece especial atención pola súa situación e uso: o Auditorio de Castrelos.

En diversos salóns de actos desenvólvense programas audiovisuais e outras actividades como conferencias, seminarios, ciclos formativos ou outros eventos. Grazas a isto, a cidade olívica estase consolidando coma un dos referentes do turismo de congresos a nivel nacional dado que a cidade está reposicionando a súa imaxe de cidade industrial por unha cidade máis turística.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100