Plan de acción axenda urbana de Vigo

Noticias

Logos

Lista de noticias

Noticias

2024-11-19. Caballero explica ao alumnado do CEIP Sárdoma Moledo a transcendencia da actividade municipal

Foto noticia
O alcalde explicou este martes aos 34 alumnos de quinto e sexto curso do CEIP Sárdoma Moledo que participan nas visitas guiadas ás principais dependencias do edificio consistorial, dentro do programa municipal "Visita ou teu Concello", a transcendencia para a vida da cidadanía viguesa de cada unha das decisións que se adoptan na institución local. Caballero animou ao estudantado para aplicarse na súa formación. No programa didáctico participan máis de 2.5000 estudantes de 50 centros docentes da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-15. Vigo é a cidade co mellor nivel de inglés de España

Foto noticia
O alcalde deu conta do ranking publicado por Education First no que sitúa a Vigo na cabeza das cidades de España no coñecemento do idioma inglés. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-12. Alumnos do CPR Mercantil percorren as dependencias municipais dentro do programa "Visita o teu Concello

Foto noticia
O alcalde explicou este martes aos 52 alumnos de primeiro e segundo de educación secundaria do CPR Mercantil, que participan na actividade "Visita ou teu Concello", a transcendencia para a calidade de vida da cidadanía de Vigo das decisións que adopta a institución municipal. Nos percorridos polo edificio municipal, que este ano finalizarán o día 19 de decembro, participan máis de 2.500 alumnos de 50 centros escolares de quinto e sexto de primaria e de primeiro e segundo de Educación Secundaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-29. Comeza o programa municipal para escolares "Visita o teu Concello"

Foto noticia
O alcalde deu a benvida ás alumnas do colexio Las Acacias que foron as primeiras nesta tempada do programa municipal "Visita o teu Concello", no que escolares de 5 e 6 de Educación Primaria e 1 e 2 da ESO coñecen durante a mañá a actividade municipal e as instancias do consistorio. Nesta actividade participarán ao redor de 2.500 estudantes de 50 centros educativos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-28. O Pleno insta á Xunta a mellorar a atención sanitaria no PAC de Pizarro

Foto noticia
Os votos do PSOE e do BNG deron luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a planificar os recursos humanos no PAC para evitar situacións de desatención sanitaria. O PP votou en contra dun texto que destaca que as urxencias extra hospitalarias contan en moitas ocasións cun 25% do persoal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-22. O orzamento de educación supera os 18 millóns con 5,7 para mantemento de colexios

Foto noticia
Bolsas de comedor, bolsas de inglés, mantemento de centros educativos ou ensinanzas especiais son as principais partidas do orzamento de educación de 2025. A cifra global supera os 18 millóns porque o ensino é un ámbito ao que o goberno local presta "moitísima atención\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-07. Caballero advirte que o Concello irá aos tribunais se a Xunta non asume a gratuidade das escolas infantís municipais

Foto noticia
Abel Caballero dirixiu hoxe unha "última advertencia" á Xunta co anuncio da reclamación pola vía contencioso-administrativa da gratuidade das nove escolas infantís municipais se Alfonso Rueda desatende o requerimento que lle enviará hoxe e mantén a desigualdade de trato con Vigo. O alcalde tamén avanzou que o goberno municipal acordou prorrogar en 2025 o contrato da xestión das escolas infantís municipais de Santa Cristina, en Lavadores, e Costeira, en Saiáns, por 538.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-04. O goberno local dedica 329.000 euros á aula da UNED

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a partida para o persoal de atención na aula da UNED e distintos espazos de uso educativo no edificio Mar de Vigo durante 3 anos. "Estamos ao lado da mocidade para facilitarlle formación e os seus estudos", dixo o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-30. A Corporación municipal urxe á Xunta a dotar con orientadores a todos os centros educativos da cidade

Foto noticia
O Pleno da Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista esixindo á Xunta que todos os centros educativos da cidade conten con orientadoras e orientadores e cos especialistas necesarios para garantir unha atención educativa adecuada aos nenos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-23. Viaxan ao Reino Unidos 40 estudantes para participar no programa Vigo en Inglés

Foto noticia
Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Peinador aos 40 alumnos de cinco centros vigueses: A nosa Señora da Esperanza, O Pilar-Maristas, Niño Jesús de Praga, Martín Códax e do Instituto do Castro, que inician a súa inmersión lingüística no Reino Unido. O alumnado residirán as tres próximas semanas en Devon e en Ottery St Mary, e estudarán nos centros West Exe School e The King?s School. Neste curso 1.027 estudantes viaxan a Reino Unido e Irlanda para mellorar o seu nivel de inglés (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100