Actualidade
Temática: Igualdade
Data de publicación: 2026-09-11
Programa de actividades que, desde o mes de setembro, ata o mes de decembro, acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)
Todas as actividades teñen acceso libre ata completar a capacidade do local; agás o Club de lectura e o Obradoiro de podcast con perspectiva de xénero, para os que é preciso inscrición previa. A ficha de inscrición en formato editable ( en arquivo adxunto) hai que adxunta e enviala ao Centro de Documentación.
Para calquera dúbida en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista no seguinte horario: luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:30-20:30. Teléfono: 986 436 441. Mail:centro.documentacion.feminista@vigo.org
Para máis información sobre contidos, datas, horarios, etc, pódese descargar a programación completa nos arquivos adxuntos.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100