Actualidade

Avisos

Programa de actividades na Casa das Mulleres no período setembro a decembro. Aberto prazo de inscrición

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-09-11

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período setembro a decembro.

  • OBRADOIRO "TEATRO CÓMICO: RIR PARA RESISTIR". 26 horas desde setembro ata decembro
  • OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES "CON VOZ PROPIA". 26 horas desde setembro a decembro
  • FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL.  25 horas desde outubro ata decembro
  • OBRADOIRO "TÉCNICAS DE AUTOCOIDADO E REGULACIÓN EMOCIONAL". 24 horas desde novembro ata decembro
  • OBRADOIRO "CONCIENCIA E PODER FEMININO". 24 horas desde novembro ata decembro

Información sobre os contidos, os obxectivos, as datas e o horario de desenvolvemento, formadora, etc, consultando o programa que se adxunta.

Proceso de inscrición:

  • Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición xeral (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
  • Presentación da ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
  • No caso de que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
  • Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro/curso ou sobre a mesma materia en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro “Con voz propia. Canto para mulleres”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
  • Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100