Actualidade

Avisos

Xornadas formativas "Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos". Aberto o prazo de inscrición

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-03-12

Xornadas Formativas "Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos" organizadas polo Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller.

As xornadas desenvolveranse durante os días 24 e 25 de marzo, en horario de tarde,  na sala de conferencias da sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo emitirá un diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas.

As prazas son limitadas. É preciso inscrición previa enviando o formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org

A organización confirmará as prazas por orde de inscrición.

En arquivos adxuntos pódese descargar o díptico co programa completo así como o formulario de inscrición en formato editable.

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100