Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 02:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR

Data de publicación: 29-01-2026

Data de inicio: 02-02-2026

Data de fin: 03-02-2026

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, na noite do 2 de febreiro de 2026 ata o 3 de febreiro de 2026 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 02:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR, . Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o panel de mensaxe variable sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o panel de mensaxe variable.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100