Actualidade
Data de publicación: 23-01-2026
Data de inicio: 27-01-2026
Data de fin: 30-01-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, con motivo de traballos programados de mantemento nas instalacións electromecánicas e de iluminación, procederase ao peche temporal ao tráfico dos seguintes túneles da cidade, en horario nocturno, co fin de garantir a seguridade e minimizar as molestias á circulación:
Martes, 27/01/2026: Túnel Isaac Peral (saída da cidade)
Mércores, 28/01/2026: Túnel Martínez Garrido e Túnel Gregorio Espino
Xoves, 29/01/2026: Túnel Praza de España
Sábado, 31/01/2026: Túnel Praza de América
Solicítase a máxima colaboración cidadá e recoméndase atender en todo momento á sinalización provisional e empregar itinerarios alternativos.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100