Actualidade
Data de publicación: 22-01-2026
Data de inicio: 27-01-2026
Data de fin: 28-01-2026
Comunícase ao público en xeral que, con motivo da execución de traballos de mantemento e
limpeza de paramentos e pozos, será necesario realizar cortes de tráfico no túnel de acceso ao
Centro Comercial Vialia?Vigo.
Estas actuacións levaranse a cabo en horario nocturno, comprendido entre as 22:00 e as 06:00
horas, co fin de minimizar as afeccións á circulación, nos seguintes días do ano 2026:
? Semana 05: desde o martes 27 ata o mércores 28 de xaneiro.
Os devanditos traballos serán executados pola UTE Acciona Construcción, S.A. e Narom, S.L.,
responsable da realización das tarefas programadas.
Durante o período indicado, existirán restricións á circulación, polo que se recomenda empregar
itinerarios alternativos.
Solicítase a máxima colaboración e comprensión da cidadanía, lamentando de antemán as
molestias que estas actuacións poidan ocasionar, as cales resultan necesarias para garantir a
seguridade e o correcto estado das infraestruturas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100