Actualidade
Data de publicación: 22-01-2026
Data de inicio: 26-01-2026
Data de fin: 27-02-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, con motivo das obras do proxecto Vigo Vertical: implantación de ramplas mecánicas na rúa Pintor Colmeiro, entre a rúa Álvaro Cunqueiro e a rúa de Tarragona (Expte. 2078/441), procederase á ocupación da vía pública con corte de tráfico na zona da intersección entre a Rúa Salamanca e a Rúa Pintor Colmeiro.
Datas de afección: do 26 de xaneiro de 2026 ao 27 de febreiro de 2026.
Empresa executora: Oreco Balgon, S.A.
Actuación prevista: colocación das ramplas mecánicas n 1 e n 2, cunha ocupación aproximada de 15 m x 15 m (225 m).
Accesos: garantirase o acceso aos garaxes mediante entrada e saída pola Rúa Zaragoza, coa correspondente sinalización provisional.
Solicítase a máxima colaboración cidadá e recoméndase atender en todo momento á sinalización existente e ás indicacións do persoal habilitado.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100