Actualidade
Data de publicación: 20-01-2026
Data de inicio: 29-01-2026
Data de fin: 30-01-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, con motivo da realización de traballos de
mantemento, se realizará o peche total do Túnel de Beiramar nas seguintes condicións:
? Datas: do 29 ao 30 de xaneiro de 2026
? Horario: de 22:30 a 05:30 horas
? Tipo de afección: corte total do tráfico
Os traballos serán executados pola empresa UTE Esycsa Etra I+D Moveas Vigo, Lei 18/1, e
teñen como obxectivo garantir o correcto estado de conservación e a seguridade da
infraestrutura.
Durante o período indicado, adoptaranse as medidas necesarias para minimizar as molestias
derivadas do peche, habilitando, na medida do posible, itinerarios alternativos e a sinalización
correspondente.
Así mesmo, solicítase a máxima colaboración cidadá, recomendando planificar con antelación os
desprazamentos e atender á sinalización provisional establecida na zona.
Sen outro particular, e agradecendo de antemán a comprensión e colaboración, reciba un cordial
saúdo.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100