Actualidade
Data de publicación: 05-12-2025
Data de inicio: 09-12-2025
Data de fin: 09-02-2026
Infórmase de que, a partir do martes 9 de decembro de 2025, ás 9:00 horas, entrará en funcionamento unha nova ordenación provisional do tráfico, necesaria para a continuación das obras no Paseo de Granada. Segundo a nova disposición:
- A saída dos garaxes da rúa Pracer, así como a circulación dos veciños do Casco Vello, realizarase pola rúa Pracer en sentido ascendente.
- O acceso dos funcionarios ao Concello e o da Policía permanecerá sen cambios, realizándose pola rúa Granada e mantendo a saída cara á rúa Cachamuiña.
- Mantense igualmente sen variación o sentido do tráfico que accede desde a Avenida das Camelias, debendo os vehículos virar en dirección a Cachamuiña, tal e como se viña facendo ata o de agora.
- O acceso ao parking público será viable dende as rúa Cachamiuiña e baixando dende o Paseo de Granada.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100