Actualidade
Data de publicación: 02-03-2020
Data de inicio: 09-03-2020
Data de fin: 11-12-2020
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de construccion da Praza pública na Porta do Sol, a realizar pola empresa Ute Puerta Del Sol , estarán pechadas ao tráfico as rúas PASEO ALFONSO XII, ELDUAYEN e PORTA DO SOL, dende o 9 de marzo de 2020 ás 10:00 horas e por un período aproximado de ano e medio.
Mentres dure o peche NON se autorizan os accesos ao casco vello dende Elduayen nin a saída por Sombrereiros a Elduayen.
O acceso ao Casco Vello será por Gamboa. Os residentes poderán acceder tamén pola rúa Real até Trav Esperanza. A saída de vehículos lixeiros será por Méndez Núñez, Caracol, San Vicente, Perigos e Poboadores.
Autorízase o acceso para usuarios, residentes, garaxes, motos, taxis e carga descarga de viaxeiros ou mercancías, ao entorno da obra nas zonas: Policarpo Sanz e Porta do Sol ou Paseo Alfonso XII e Casco Vello Alto. A saída será polo mesmo lugar da entrada.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense do xeito seguinte:
para o tráfico procedente de Policarpo Sanz, por Velázquez Moreno.
para o tráfico procedente de Falperra e Pi Margall: Falperra, Cachamuíña ou Pi Margall, Llorente.
O acceso de vehículos lixeiros á zona de Policarpo Sanz (garaxes e parquing) será por Velázquez Moreno, Pza Compostela e Reconquista,
O acceso, para carga descarga de viaxeiros ou mercancías, de autobuses e camións á zona de Policarpo Sanz recoméndase por:República Arxentina, Areal, Pza Compostela e Reconquista.
O acceso, para carga descarga de viaxeiros ou mercancías, á zona de obra, só se permitirá en caso estrictamente necesario.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100