Xerencia Municipal de Urbanismo

Aloxamento transitorio en vivendas municipais de persoas con mobilidade reducida

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) aprobou as bases e a apertura da convocatoria para a adxudicación en réxime de aloxamento transitorio das vivendas municipais 4ºB e 6ºB sitas na rúa Teixugueiras 17, en Navia. Trátase de vivendas adaptadas reservadas a persoas con mobilidade reducida de carácter permanente (PMR)

O obxecto deste programa: é acoller temporalmente (por un período máximo de 2 anos) nas referidas vivendas municipais a familias viguesas nas que algún membro teña recoñecida a condición de PMR e que se atopen en situación de necesidade por ser desafiuzadas da súa vivenda habitual.

Os Requisitos que deberán cumprir os interesados son os previstos no art. 2.3 das bases que rexen a convocatoria sendo principalmente os seguintes:

  • En canto á vivenda desafiuzada:
    • Deberá ser a vivenda habitual da ud. convivencial.
    • Debe atoparse no termo municipal de Vigo.
    • De existir lanzamento que este se producise con posterioridade ao 1.01.2013
  • En canto aos interesados:
    • Que o desafiuzamento derive da imposibilidade de afrontar o pagamento das cotas do préstamo hipotecario, da renda de aluguer ou cantidades asimiladas.
    • Deberán estar empadroados en Vigo cunha antigüidade mín. de 1 ano
    • Os ingresos da ud. convivencial ≤ a 1,5 veces o IPREM.
    • Que non teñan vivenda en propiedade ou un dereito de uso sobre ela. (excluída a vivenda desafiuzada)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 12 de maio 2014.

Ficha informativa do programa:

  • Ficha informativa: Documento válido a efectos informativos. Contén as condicións, requisitos e documentación a presentar para participar na convocatoria.

Declaración de deserto do procedemento:

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión ordinaria do día 13.06.2014 acordou declarar deserto este procedemento por non terse presentado ofertas. Certificado do acordo

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100