Xerencia Municipal de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou o programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios e a afección ao mesmo das 7 vivendas de protección oficial de promoción pública de titularidade municipal situadas na Rúa As Teixugueiras 17, en Navia e que foran reservadas para colectivos especialmente desfavorecidos.
O obxecto deste programa: é acoller temporalmente (por un período máximo de 2 anos) en vivendas de titularidade municipal a familias viguesas que se atopen en situación de necesidade por ser desafiuzadas da súa vivenda habitual como consecuencia dunha execución hipotecaria.
Os requisitos que deberán cumprir os interesados son os previstos no art. 2 do programa sendo principalmente os seguintes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación do anuncio do acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) no BOP e no Taboleiro de anuncios da XMU.
Ficha informativa do programa:
Documentos relacionados:
Listado provisional:
A Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en resolución de data 07/08/2013 aprobou o listado provisional de solicitudes de participación no Programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios, ordenando a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Taboleiro Oficial de Anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
Os interesados disporán ata o próximo día 13 de setembro de 2013 para a emenda das súas solicitudes, presentando os documentos sinalados no Anexo que figura no devandito anuncio e que se insire a continuación.
Listado definitivo de admitidos y excluídos:
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou en data 27/09/2013 aprobar o listaxe definitivo de admitidos e excluídos no Programa para o realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios, ordenando a súa publicación no Taboleiro Oficial de Anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e nesta páxina.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100