Xerencia Municipal de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, en sesión ordinaria de 10 de marzo de 2011, aprobar a convocatoria pública para a selección, mediante sorteo, dos adxudicatarios do dereito de aluguer de 28 vivendas de promoción pública de titularidade municipal, sitas na rúa Teixugueiras, Navia (Parcela XVII do Plan Parcial de San Paio de Navia), así como aprobar as bases reguladoras da citada convocatoria.
Toda a información sobre o proceso publícase no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo e nesta páxina.
Fichas informativas da Oficina Municipal de Vivenda e Solo:
Documentos relacionados:
Listado Provisional de Admitidos e excluídos (07 de maio 2012):
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, en sesión ordinaria de 4 de maio de 2012, aprobar a listaxe provisional de solicitantes excluídos e as listaxes de solicitantes admitidos para cada un dos cupos de vivendas municipais en réxime de aluguer sitas no Polígono de San Paio de Navia.
Os solicitantes excluídos poderán emendar os defectos de documentación observados no prazo de dez días hábiles desde o día seguinte ao de publicación da lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo e na páxina web do Concello de Vigo, www.vigo.org. Se os interesados non emendasen as deficiencias dentro do prazo concedido ao efecto entenderase que desisten da súa solicitude.
Prazo de presentación para subsanaciones:
Listaxe provisional de admitidos excluídos (07 de maio 2012): Anuncio polo que se publica o acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de 4 de maio de 2012, polo que se aproba a listaxe provisional de solicitantes excluídos e as listaxes de solicitantes admitidos para cada un dos cupos, para a selección de adxudicatarios do dereito de arrendamento das vivendas de propiedade municipal sitas en Navia. (Formato pdf, 550 KB, 48 páxinas, versión en galego)
O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión ordinaria de 5 outubro de 2012 acordou, aprobar o listado definitivo de solicitantes excluídos e admitidos para cada un dos cupos, para a selección de adxudicatarios do dereito de arrendamento das vivendas de propiedade municipal sitas en Navia.
Os listados definitivos atópanse numerados correlativamente por orde alfábetico, sendo este número o que lle corresponderá a cada solicitante para a realización do sorteo.
A selección de adxudicatarios realizarase mediante sorteo público ante Notario,
A data e a hora para a celebración do sorteo publicaranse mediante a inserción de anuncio nesta páxina web e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo.
Consonte co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 63, do 31 de marzo de 2011, e o acordo do Consello da Xerencia municipal de urbanismo do Excmo. Concello de Vigo adoptado na súa sesión ordinaria do día 5 de outubro de 2012, comunícase que o SORTEO público perante notario para a selección dos adxudicatarios do dereito de alugueiro das 28 vivendas de promoción pública de titularidade municipal, sitas na rúa Teixugueiras, en Navia, terá lugar:
- Data: xoves, 15 de novembro de 2012.
- Hora: 11:00 h.
- Lugar: Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, sito na Avenida de Beiramar, 59 Vigo.
Celebrado ante notario en data 15 de novembro de 2012 ás 11:00 h no Auditorio Palacio de Congresos “Mar de Vigo”.
Os listados de adxudicatarios de cada un dos cupos xunto coas respectivas listas de reserva elevaranse a acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do vindeiro día 23 de novembro de 2012 e serán publicados no taboleiro da Xerencia Municipal de Urbanismo e na páxina web do Concello de Vigo, www.vigo.org
Nota: Para a asignación das concretas vivendas notificaráselles aos adxudicatarios seleccionados no sorteo a data, a hora e o lugar, onde preceptivamente deberán comparecer para a elección das vivendas segundo a orde establecida na lista de adxudicatarios.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión ordinaria do día 23 de novembro de 2012 acordou tomar coñecemento do listado de adxudicatarios provisionais para cada un dos cupos de vivendas e as súas respectivas listas de reserva (resultado do sorteo público ante notario realizado o 15.11.2011 de conformidade co disposto nas bases reguladoras).
Listado adxudicatarios e reservas (23/11/2012)
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100