- Enderezo: Rúa López Mora 31, 36211 Vigo
- Teléfono: 986 294 806.
- Fax: 986 294 934.
- Liñas de Autobuses: C5, C9A, C9B, 12A, L20.
- E-mail: xuventude@vigo.org
- Web: www.xuventudevigo.org
- Horario da Casa: de luns a venres de 8:00 a 15:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
- Horario de Oficina: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A Casa da Xuventude é a principal infraestrutura da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo. É un edificio público, único en toda a cidade e en toda Galicia, de gran valor arquitectónico.
Nela ponse a disposición da mocidade viguesa, actividades e servizos adecuados ás súas necesidades e intereses. Emprega o correo electrónico de cada sección para consultar, propor ou preguntar calquera dúbida que poidas ter sobre os servizos e recursos ofertados.
Servizos
Volver ao Inicio
Salas
- Sala de Xuntanzas: lugar de encontro, reunións, charlas formativas para os individuos ou colectivos que o soliciten.
- Sala de Exposicións: pintura, fotografía, cómic, escultura e calquera tipo de expresión artística.
- Sala de Lectura: lugar de lectura, de traballo en equipo ou estudo.
- Publicacións de interese xuvenil, prensa diaria local e nacional.
- Sala de Informática e Internet:
- Horario de conexión a Internet: de luns a venres de 9 a 14.
- Equipos para elaborar documentos ou conectarse a webs de interese xuvenil: directorio de internet a disposición das persoas interesadas.
- Impresora para imprimir consultas e documentos (levar os folios para imprimir).
- Envío e recepción de correo electrónico a través do correo web.
- Espazo para navegar comodamente co teu portátil mediante conexión WIFI.
- Acceso ao BIX (Boletín Informativo Xuvenil).
Volver ao Inicio